Views: 0
Ana Mosquera shared a post.
+3
Un dos Castelos máis antigos da Raia é o de Castro Laboreiro.
Os cronicóns da época denomínano Castelo de San Rosendo.
De feito estas terras pertencían á familia do bispo Rosendo. Logo foron doadas ao Mosteiro de Celanova.
Ate que en 1241, moito despois da morte de San Rosendo, o Mosteiro de Celanova permuta o Castro Laboreiro, por un Mosteiro perto de Porto, Monte Córdova, onde supuñan que tiña nacido Rosendo.
Os litixios por esta permuta, nefasta para Celanova, aparecen en varios documentos de Celanova até finais do S. XV.
Así Celanova renunciaría a estas terras de Castro Laboreiro, por unhas nas que, á vista dos númerosos litixios, nunca se chegou a asentar pacíficamente.
Like
Comment